PRESENTACIÓN DA APLICACIÓN “SMART CAMINO”
O pasado 18 de marzo, o Alcalde de Paderne, asisteu ó acto de presentación da aplicación para móbiles “Smart Camino”, que tivo lugar na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Dita aplicación estará operativa a finais do mes de abril e ten como obxectivo servir ó peregrino como guía na que poder consultar os servizos que ofrece a Ruta Xacobea e tamén servir como rede social a través da cal compartir tódalas experiencias do Camiño.
Outra das ferramentas importantes é a páxina www.caminodesantiago.gal na que os peregrinos poden atopar tódolos datos necesarios para planificar o camino así como a información cultural e turística dos lugares polos que pasa.