SINATURA DE CONVENIO COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Alcalde de Paderne, César Longo, asinou o pasado día 5 de xuño un Convenio na Deputación da Coruña ante o deputado Xosé Regueira, mediante o cal se van a realizar as obras contempladas no proxecto de “Mellora e ampliación da traída de augas municipais, saneamentos municipais e depuradoras municipais”.

Este convenio, cunha dotación de 120.000 €, contempla varias actuacións na traída de augas municipal co fin de mellorar este importante servizo que se proporciona ós veciños previndo situacións como as da anterior tempada de seca que obrigou a tomar medidas de consumo responsable.

No proxecto están incluídas a ampliación da traída de augas de Obre e Paderne, a mellora da traída de augas da parroquia de Velouzás e a mellora da traída de augas de Souto, ademais da substitución de bocas de rego en diversos puntos da traída ó seu paso polas parroquias de Adragonte, Quintas e Souto así como a reparación do depósito do Casal.