Servizo de Conciliación de Verán 2023

Cada verán, dende o ano 2008, as familias con menores do Concello de Paderne dispoñen do servizo de Conciliación de Verán. Este ano foron 26 familias as que se beneficiaron do servizo coa participación de 32 menores.

A actividade está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade ao abeiro da subvencións ás entidades locais para a Promoción da Igualdade.

Coa continuidade deste servizo, dáse resposta ás necesidades de conciliación das familias ofrecendo un espazo de atención a menores, de 8.30 a 14.30 horas,  durante os meses de xullo e agosto nos que os e as  menores participantes, realizan actividades lúdicas e de ocio baixo o eixo da igualdade de xénero e a corresponsabilidade.