O Centro de Maiores de Paderne acollerá un ano máis o programa Sénior da UNED

  • O período de inscrición para o primer cuadrimestre está aberto ata que se cubran todas as prazas ou comecen as clases, a primeira semana de outubro
  • Está destinado a maiores de 50 anos, que poden matricularse nas materias que desexen

O Centro de Maiores de Paderne volverá ser o escenario no que se leven a cabo as clases da UNED Sénior. Dirixido a persoas de máis de 50 anos, este programa é referente na dinamización rural de Galicia, xa que ofrece aos participantes a posibilidade de enriquecer os seus coñecementos de forma aberta e flexible. 

Non hai exames un número fixo de materias ás que matricularse. As clases do primeiro cuadrimestre iniciaranse a primeira semana de outubro e rematarán a primeira semana de febreiro de 2024.

Neste curso 2023/2024, no programa da UNED Sénior A Coruña, ofértanse 25 materias, 13 das cales se imparten neste primer cuadrimestre. Entre elas atópanse as seguintes: Patrimonio Histórico, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Cultura Musical de Galicia, Historia da Arte, Iniciación á Lingua Inglesa II e Introdución á Informática, Internet e Correo Electrónico.

Desde o goberno local apuntan que “é un pracer formar parte do programa, pois supón unha moi boa opción para as persoas que queiran enriquecer os seus coñecementos e manterse mentalmente activas, mellorando a súa calidade de vida e tamén fomentando as relación interpersoais”.