SERVIZOS PARA AS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE PADERNE
Co comezo do novo curso escolar, o Equipo de Goberno do Concello de Paderne, no afán por proporcionar os mellores coidados ás familias con pequeniños nas escolas de Educación Infantil, está a ultimar todo o relativo para que os asistentes ás mesmas conten cos servizos adaptados ás súas necesidades e así van a poder dispor de:
- Madrugadores na escola de Areas: para familias do Concello de Paderne nas que os pais traballen e precisen deixar aos seus fillos na escola antes do comezo da xornada habitual.
- Acompañamento no autobús escolar
- Servizo de transporte especial na escola de viñas
- Servizo de desprazamento quincenal para convivencia e psicomotricidade conxunta das escolas
- Actividades programadas tales como unha xornada de reciclaxe, actividade lúdica de teatro e contacontos e Festa de Nadal