ACTIVIDADE SOBRE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

O Concello de Paderne ven de realizar unha Campaña de Sensibilización Ambiental dentro do proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” os días 19 e 22 de outubro.
A primeira das actividades estivo centrada no "Fomento da biodiversidade asociada á Ría de Betanzos" co obxectivo de achegar ao alumnado a problemática das especies invasoras, dende un punto de vista construtivo e positivo, aportando solucións e boas prácticas. Desta forma, os alumnos poderán identificar estas especies nas súas casas, na zona da ribeira da Ría e en todo o concello de Paderne.
A actividade tivo lugar nas dúas Escolas de Educación Infantil, o día 19 de outubro, e na Aula da Ría o venres 22 de outubro para alumnos/as de Educación Primaria do Concello.
Con materiais diversos adaptados a estas idades e o apoio de audiovisuais, tanto os pequeniños/as das Escolas como os/as alumnos/as de Educación Primaria, tiveron ocasión de achegarse un pouco máis á fauna que habita o entorno no que viven e coñecer os seus modos de vida, costumes e interaccións co medio.