SENDEIRISMO POLO CAMIÑO INGLÉS DE PADERNE

Unha maneira de coñecer o patrimonio natural do Concello é recorrelo; para elo, o Concello de Paderne organizou unha serie de actividades para rapaces que se van a realizar ó longo do ano.

A primeira delas tivo lugar o día 2 de novembro nun tramo do Camiño Inglés de Paderne, desde a Ponte de Lambre ata Chantada.

Unha actividade para a que non fixo falta preparación previa, só se precisaban ganas de pasalo ben, de disfrutar da natureza e de compartir cos demais rapaces do Concello unha bonita experiencia.

Rompendo coa rutina diaria, o grupo pasou unha xornada coñecendo curiosidades do noso territorio e, a pesares da choiva miúda que nalgún momento acompañou esta andaina, foi unha agradable experiencia para todos que esperan repetir para seguir coñecendo os moitos atractivos do municipio.