VISITA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

O Concello de Paderne e o Concello de Miño, piden á Deputación da Coruña a construción dunha senda entre a Ponte do Porco e a Ponte de Lambre.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado dos alcaldes de Paderne, César Longo Queijo, e Miño, Manuel Vázquez Faraldo, visitou o tramo da estrada provincial que vai da Ponte do Porco á Ponte de Lambre.

Ambos rexedores demandan unha mellora da seguridade peonil neste tramo de arredor de 1,5 km, que conecta ambos municipios e que forma parte do Camiño Inglés