PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE 5 PEÓNS E 1 CONDUTOR-TRACTORISTA

Este día 19 de abril ven de publicarse no BOP a convocatoria para a contratación laboral temporal de 5 peóns e 1 condutor-tractorista para a realización de obras e servizos mínimos municipais no Concello de Paderne.

Estas contratacións, ao abeiro da subvención PEL CONCELLOS REACTIVA 2021 da Deputación da Coruña, serán por un período de tempo de 6 meses e as bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de edictos da Casa Consistorial e na sede electrónica do Concello: https://sede.concellodepaderne.es/opencms/gl/informacion/

O prazo de presentación é de 5 días hábiles contados a partires do día seguinte á data da publicación do presente anuncio no BOP.