CURSO DE APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS NIVEL BÁSICO

Dado a alta demanda do curso de aplicador - manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico, o Concello de Paderne organizou un segundo curso para a obtención do carné de aplicador-manipulador de productos fitosanitarios tal e como regula o Real Decreto 1311/2012, que establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos productos fitosanitarios.

Así, os pasados días 6, 7, 8, 13 e 14 de xullo, foi impartido este segundo curso a un total de 30 alumnos os cales adquiriron os coñecementos necesarios para poder aprobar o exame de obtención do citado carné.