Sartego de Santiago de Adragonte

Atópase na parte de atrás da Igrexa parroquial de Santiago de Adragonte; é un sepulcro ou sartego de tipo antropoide (de figura humana) anterior ó século XIII..

Estes sartegos aparecen vinculados ás igrexas case todas elas de orixe remoto, ou neste caso, ligada a unha construcción “moderna”, que seguro foi emprazada no lugar doutra igrexa máis antiga.

O Sartego de Adragonte, representa en moitos aspectos, un caso singular dentro do estilo destes sepulcros antropomorfos, como é a súa forma redondeada e a sinxela decoración que aparece na tapa, resultado por outro lado, dun traballo esmerado na súa realización. Estas características, fannos pensar que a ubicación nun primeiro momento sería seguramente nun sitio relevante do interior da igrexa. Séguese por outro lado unha fidelidade ás formas dun ser determinado, que nos leva a pensar que non foi realizado con motivo dunha moda, senón que o sartego ten algo de “persoal”, coma se nel se vaciara unha forma humana coñecida, é dicir, como se fose a pegada exacta e completa dun ser que nunca vimos, pero que claramente adiviñamos.

Todas estas características fan del unha peza importante no patrimonio cultural de Galicia.


© 2013 Concello de Paderne