SANEAMENTO DO CAMIÑO DE O TELLEIRO A SAN PEDRO
Estanse acometendo as obras de saneamento no camiño que vai de O Telleiro, na parroquia de Paderne, a San Pedro, na parroquia de Obre.
A fin de solucionar os problemas de asolagamento, en época de intensas choivas, o Concello de Paderne está a acometer as obras que faciliten o drenaxe e canalización das augas e facilitar así o tránsito de vehículos por esta estrada.
En datas recentes e debido á intensidade das choivas, esta pista, que discorre por unha zona xa de por si moi húmida, resultaba perigosa dado que algún dos días quedou totalmente cuberta pola auga.
Estes traballos pretenden evitar os perigos derivados de situacións como as vividas recentemente e que así os veciños poidan transitar por ela de maneira segura.