Rutas de senderismo

turismo

CAMIÑO DE SAN ANDRÉ

A ‘Ruta do Medievo’ (GR 50) transcorre polo norte da provincia de A Coruña a través dun sendeiro que comunica dous centros de peregrinación, San Andrés e Santiago de Compostela.

Vai desde a capital do antigo Reino de Galicia e o frondoso enclave do Coto de Chelo ata os cantís de Punta dos Aguillóns, no extremo Norte do Cabo Ortegal.

A ruta atravesa vales e zonas baixas da Galicia interior, onde son frecuentes os bosques de carballos (robles), castiñeiros (castaños) e piñeiros (pinos), xunto coa verde vexetación das zonas húmidas de ribeira que corren parellas ós ríos galegos. Durante o seu recorrido son numerosas ás manifestacións do patrimonio cultural e artístico desta provincia: mosteiro de Monfero e Caaveiro, o Parque Natural das Fragas do Eume; castelos míticos nas revoltas Irmandiñas de Naraío e Moeche e, xa case no final, no extremo Norte da provincia, Santo André de Teixido, na Serra da Capela, onde se atopan os acantilados de Vixía Herbeira, que son os que teñen unha maior cota sobre o nivel de mar de Europa continental, con 613 metros.

A ruta, de 95 quilómetros é “un percorrido por castelos e mosteiros medievais e por algúns dos lugares de maior interese natural”. “Arquitectura medieval, historia e canles que deixan ao bordo sombríos bosques”, a través de cinco etapas de aproximadamente 20 quilómetros cada unha.

Discorre por dez concellos (Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa, Monfero, A Capela, San Sadurniño, Moeche, Cerdido e Cedeira) e está baseada no percorrido que facían os Andrade, señores feudais da zona, para cobrar os tributos aos labregos.

Perfil de ruta
 

SM11. RUTA DE ZARZO A CHELO

Ruta circular, duración aproximada de 3 horas e lonxitude de 10,5 km, dificultade media.

Inicio na Central do Zarzo, parroquia de San Xulián de Vigo (Paderne).

Como chegar: Dende Betanzos, recorre a estrada AC-640 durante 7.5 km e toma o desvío cara a San Xulián de Vigo

  • GPS inicio ruta: N 43,26485 O -8,135731
Perfil de ruta

SM12. RUTA DE BOCELO

Duración aproximada de 2 horas e lonxitude de 7,5 Km, dificultade media.

Inicio no Centro de Interpretación de Chelo, parroquia de San Salvador de Colantres (Coirós).

Como chegar: dende Betanzos, percorre a N-VIN sentido Madrid durante 5 km e toma o desvío cara a Chelo-Centro de Interpretación da Natureza.

  • GPS inicio ruta: N 43,263803 O -8,164710
Perfil de ruta

SM13. RUTA DE PADERNE

Duración aproximada de 2,5 horas e lonxitude de 8,2 Km, dificultade media.

Inicio no concello de Paderne, no lugar de O Consistorio, parroquia de San Xoán de Paderne

Como chegar: dende Betanzos, percorre a estrada AC-640 durante 4,5 km

  • GPS inicio ruta: N 43,285494 O -8,17359
Perfil de ruta