ROTEIRO AGROALIMENTARIO DAS MARIÑAS

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, presenta os paquetes de escapadas que se ofertarán en todo o territorio nacional a través do prestixioso catálogo do Club de Ecoturismo.

Así, o pasado 27 de xullo, o Alcalde de Paderne e Vicepresidente da Reserva de Biosfera, César Longo, recibiu en Paderne a touroperadores, maioristas, representantes de axencia de viaxes, blogueiras e axentes turísticos para o lanzamento, promoción e comercialización da Ruta Agroalimentaria das Mariñas no Concello de Paderne.

Visitaron as empresas certificadas coa Marca de Calidade da Reserva  e viviron experiencias vinculadas ao patrimonio natural e cultural de Paderne que quedarán reflexadas no catálogo turístico que se vai a ofertar.