ROMARÍA DA FAMILIA EN PADERNE
O vindeiro día 2 de setembro o Alcalde de Paderne, Sergio Platas, puxo en marcha todo o necesario para a realización da “ROMARÍA DA FAMILIA”; un día grande de confraternidade e festa ao que están invitadas tódalas familias do Concello.
As actividades previstas comezarán arredor da unha do medio día cunha sesión vermú con música en directo acompañada por un viño e un pincho dun produto local.
Unha pulpeira, tamén a esta hora, permitirá mercar as deliciosas racións de polbo á feira.
Despois da comida, hai organizados xogos de mesa e campionatos de tute, parchís e dominó dentro da carpa. No exterior, os máis pequenos, poderán disfrutar dos inchables, toro mecánico e festa da espuma.
Como atracción especial, contaremos coa presenza do Mago Antón, que no seu camión escenario, fará varias actuacións para que tódolos presentes poidan asistir ao seu novo espectáculo.
Pola tardiña haberá chocolate con churros para todos e, con elo, repoñer forzas para seguir de festa ata a noite.
Rematarase a xornada con máis música en directo e coa entrega de trofeos dos campionatos e coa queimada.
Para apuntarse tan so hai que chamar en horario de 8.30 a 14.30 h. ao teléfono do Concello 981 797 001 para reservar o sitio para a familia e invitados, ou ben anotarse no correo electrónico cultura@concellodepaderne.com, poñendo tódolos datos.