REUNIÓN EN MADRID EN APOIO Ó PRESIDENTE DA FEMP

O Alcalde de Paderne, César Longo, viaxou este pSIasado día 27 de febreiro a Madrid para apoiar ó Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, na reunión que mantivo co Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

Alí, xunto con outros 300 alcaldes de todo o país, César Longo, quixo defender unhas xustas reivindicacións que afectan directamente ós servizos que os gobernos locais poden ofrecer ós seus veciños.

Os froitos desta reunión plásmanse no compromiso que vai a permitir ós concellos gastar o superávit rexistrado no pasado ano en inversión sostibles, como melloras no alumeado público, alcantarillado e outras inversións verdes.

Facenda permitirá, a través dun decreto que aprobará ó longo do presente mes de marzo, que os Concellos fagan co seu superávit o mesmo que estaban a facer nos últimos anos.

Tanto o Presidente da FEMP como tódolos Alcaldes, manifestaron a súa satisfacción polo acordo acadado así como a intención de garantizar o seu cumprimento establecendo unha marxe de 20 días para dar cumprimento a este decreto.

Abel Caballero resaltou a unanimidade rexistrada e a importancia da forza política que esta unión exerceu na cesión do Goberno. Así mesmo reclama que o Goberno retome as negociacións para establecer un novo teito de gasto eficaz, tal e como piden as entidades locais e que o Alcalde de Paderne xa denunciou en repetidas ocasións.