REUNIÓN DA DIRECTIVA DO GDR MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

O pasado luns día 2 de maio reuníronse, no Concello de Abegondo, representantes dos 17 municipios que conforman o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo co fin de abordar a estratexia de desenvolvemento rural ata o 2020 que terán que remitir á Xunta e para a que esperan recibir uns 4 millóns de euros.

O Alcalde de Paderne, como Vicepresidente do GDR, está a participar activamente na toma de decisións e proxectos que mellor se adapten ó territorio e máis beneficiosos sexan para os seus habitantes.