REUNIÓN COA DIRECTORA XERAL DO AGADER PARA ABORDAR A FUTURA LEI DE RECUPERACIÓN DE TERRAS AGRARIAS

Este pasado 10 de febreiro o Presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, xunto co Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, mantiveron unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

O fin desta reunión, na que tamén participaron de xeito telemático, representantes doutros GDRs da provincia da Coruña, era abordar os obxectivos que busca acadar a normativa da futura Lei de Recuperación de Terras Agrarias que se prevé de vital importancia para a dinamización do rural e a dignificación do traballo das persoas que viven da terra, tal e como sinalou José Antonio Santiso.

Tanto o Presidente do GDR como o Vicepresidente, están a traballar para a recuperación do campo cunha normativa que posibilite explotar esta fonte de riqueza e garanta unhas condicións axeitadas para as persoas que viven del.

Unha Lei que, tal e como salientou a Directora Xeral do AGADER, aporte solucións que dean resposta áxil e eficaz á demanda de terreos e favoreza o mercado de terras para a súa produción.