RESTAURACIÓN DA FONTE DE ESPERELA
O Concello de Paderne está acometendo a restauración da fonte da aldea de Esperela, na parroquia de Vigo.
Tanto a propia fonte como o lavadoiro xa foron restaurados con anterioridade pero faltaban por completar as obras da parte de detrás da fonte como a construción da arqueta de evacuación de pluviais, o piso da parte de detrás da fonte, o muro de contención e precintar algunha das zonas anteriormente construídas.
Esta remodelación, para a que o Concello utilizou os medios propios, ven a contribuír a facer desta zona, no medio da aldea de Esperela, un lugar digno que aporta máis beleza aínda a un entorno con moitos atractivos.