A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO: DESTINO DE ECOTURISMO DE REFERENCIA A NIVEL INTERNACIONAL

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, acada un novo recoñecemento á labor que está realizando no territorio coa aprobación do seu “Plan de Sostenibilidad Turística en Destino” que permitirá dispor de fondos Next Generation.

O proxecto contou coa aprobación do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e da Xunta de Galicia e obtén a partida máis alta de tódalas propostas validadas en Galicia afianzando á Reserva como referencia en toda a Comunidade. A inversión solicitada pola entidade ascendía a un total de 2.861.400 €.

Como primeiro destino de ecoturismo certificado de Galicia a Reserva estaba desenvolvendo unha importantísima labor e recoñecementos pola súa promoción do rural; con este novo Plan, búscase dinamizar o turismo xerando novos produtos que aproveiten os recursos endóxenos, en moitos casos infrautilizados, con unha xestión respectuosa e compatible cos valores ecolóxicos e ambientais.
Os catro eixes nos que se estrutura o Plan son:

  • Unha transición verde e sostible
  • A mellora da eficiencia enerxética
  • A transición dixital
  • O reforzo da competitividade

Tratarase de dinamizar o turismo reforzando a Marca Reserva de Biosfera, a súa vinculación coa sostibilidade, a calidade e os produtos Km0, centrando as actuacións na redución da pisada de carbono mediante a incorporación do seu cálculo e rexistro nas actividades e servizos turísticos ademais de ofrecer novas estratexias para a súa compensación por parte dos axentes públicos e privados da área.
Tanto o Presidente, José Antonio Santiso, como o Vicepresidente, César Longo, destacan a gran importancia que estes fondos teñen para o territorio avalando o gran traballo que se está a facer desde a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.