REPARTO DE MASCARILLAS ENTRE A POBOACIÓN MÁIS VULNERABLE DO CONCELLO DE PADERNE

Neste mes de febreiro realizouse o reparto de material de protección, mascarillas, entre diversos colectivos de idade do Concello de Paderne.

Empezouse coas Escolas de Educación Infantil e as persoas maiores que teñen concedida algunha prestación/axuda para o seu día a día tramitada desde Servizos Sociais.

Así, neste primeiro reparto, o criterio utilizado centrouse nas persoas máis vulnerables; persoas con prestacións por Dependencia, de Axuda no Fogar, de Xantar na Casa ou Teleasistencia, a fin de axudarlles nesta loita que todos debemos manter co COVID-19.

Continúase co reparto entre as persoas de Paderne máis vulnerables, socios do Centro de Maiores e  as persoas de máis idade esperando con elo, contribuír ó coidado da súa saúde.