REMOLQUE DE EMERXENCIAS

O Alcalde de Paderne, xunto co Presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello, foron este pasado día 9 de outubro ata a localidade de Vedra a recibir un remolque para emerxencias do que lles fixeron entrega o Delegado Provincial da Xunta de Galicia acompañado polo Director Xeral de Emerxencias e Interior.

Esta nova dotación ven a mellorar a calidade da resposta e seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións ante emerxencias, podendo ofrecer así un servizo de maior calidade á poboación.