CABALGATA DE REIS EN PADERNE

Comezando ás 10 da mañá, e como cada ano o día 4 de xaneiro, no Concello de Paderne celebrouse a Cabalgata de Reis.

As Súas Maxestades visitaron tódalas parroquias mantendo así a ilusión dos pequeniños e tamén dos maiores que disfrutan tamén vendo o paso dos Reis. 

Debido ás medidas de seguridade a adoptar polo coronavirus, nesta ocasión non se puido realizar o reparto de caramelos nin se puido manter o contacto cos Reis que se limitaron a pasar no coche polas aldeas do Concello.

Como se quería proporcionar a tódolos nenos e nenas de Paderne a oportunidade de falar coas Súas Maxestades, o Alcalde de Paderne puxo os medios para que, ó remate da Cabalgata e a partires das 17:00 h, tódolos nenos e nenas de Paderne tiveran a posibilidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar a través dunha videoconferencia.

Así, e seguindo un horario aproximado, pautado previamente, cada Rei foi chamando ó seu grupo de nenos e comentando con eles sobre as peticións que tiñan para esta noite máxica sorprendendo moitísimo a todos eles.

Un momento ilusionante que merece a pena manter vendo as caras de asombro dos pequeniños así como as das súas familias ó velos felices.