REGUEIFAS NO CONCELLO DE PADERNE
O próximo día 26 de outubro no Centro de Maiores do Concello de Paderne terá lugar unha actuación de regueifas para tódolos socios.
O Alcalde presentará o recital que dará comezo as 20:00 horas na planta baixa do concello e contará con dous dos máis importantes regueifeiros da zona de Bergantiños, que seguen con esta tradición de improvisación en verso tan popular tempos atrás.
Durante algo máis dunha hora achegarán un anaco da nosa cultura e historia ós alí presentes. Será un enfrontamento dialéctico no que falarán de eles mesmos, do que acontece na sala, ou de temas de actualidade. Sempre cun pouco de ou picaresca ou de retranca.
Os interesados deben anotarse no Centro de Maiores antes do vinte e trés de outubro.
Esta actuación está englobada dentro dun programa da Xunta, “Ler Conta Moito”, co que se trata de dinamizar tanto a cultura escrita como a oral .