REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DA REDE+BIODIVERSIDADE EN MADRID

O Alcalde de Paderne, César Longo, ven de participar o pasado día 26 de setembro na reunión do Consello de Gobernos Locais + Biodiversidade que se celebrou na sé da FEMP en Madrid.

Entre os asuntos tratados e contemplados na Orde do día, estaban

  • A preparación dunha xornada técnica no marco da VII Asemblea
  • A aprobación de gañadores e finalistas do “I Premio de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade” que quere recoller e difundir as actuacións desenvolvidas polas Entidades Locais españolas no campo da conservación e o incremento da biodiversidade
  • O informe sobre a situación dos grupos de traballo.

Outros dos temas a tratar foron o desenvolvemento da nova páxina web, a colaboración con outras entidades e as novas altas e baixas da Rede.

© 2013 Concello de Paderne