Normas xeráis e Recollida selectiva

medioambiente

Normas xerais

  • Depositar cada tipo de desperdicio no contedor que lle corresponde
  • Non depositar escombros de obras, uralitas ou electrodomésticos
  • As vísceras de matanzas caseiras ou animais mortos non poden ir para o lixo
  • Maleza, céspede de xardín ou restos de poda tampouco se poden tirar
Polo bo uso dos nosos recursos

Recollida selectiva

Contedores comúns (verdes)Depositar as bolsas pechadas e só con materia orgánica

Contedores envases lixeiros (amarelos)Envases plásticos, latas e bricks

Contedores de cartón (azuis)Papel e cartón

Contedores de vidro (verdes)Todo tipo de envases de vidrio

Reciclaxe de aceites - Son vertidos altamente contaminantes que non poden ir polo fregadeiro. Temos contedores especiais ó carón da Casa do Concello.

Recollida de pilasSon moi contaminantes. Depositaranse nos contedores que están a disposición dos veciños nos establecementos públicos.

 

Recollida de enseres

 

Depositaranse nos lugares de recollida, ó pé dos contedores e de xeito que non entorpezan ás persoas que vaian a depositar o lixo, os primeiros mércores de cada mes e soamente se depositan electrodomésticos e moblaxe.

Está prohibido facelo fóra desa data

 

Compostaxe

 

Supón unha medida alternativa á incineración e ás súas consecuencias sobre o efecto invernadoiro.

Por outra banda, o composto é un fertilizante que, combinado coa terra, outórgalle a esta os nutrintes necesarios para o cultivo e o desenvolvemento vexetal.

Cousas que non podemos depositar nun composteiro:.

Aceites vexetais ou minerais, restos de plantas enfermas ou con pesticidas, madeira tratada con pinturas, vernices, etc., produtos lácteos, peixe ou carne, follas de piñeiro ou eucalipto, excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, gatos, etc.), medicamentos, pañais desbotables, papel de cores brillantes ou plastificados, obxectos duros, pedras, vidro, metal, plástico, tetrabricks ou baterías.

Cousas que podemos depositar nun composteiro:.

Restos de froitas e verduras, cáscara de ovo, arroces e pasta cocida, pan, pousos de café, té ou infusións, cinzas e serrín de madeira non tratada, papel, cartón, xornais, restos de poda, raíces, follas, céspede e material do xardín esmiuzados (canto máis leñoso máis tarda en compostar), restos de colleita da horta sen pesticidas ou fitosanitarios, esterco de animais herbívoros, pó e peluxe do aspirador, fibras naturais, pelos, anaquiños de teas naturais ou plumas.

 

Recollida de plásticos agrícolas

 

As persoas que queiran desfacerse destes residuos, teñen que chamar por teléfono ó Concello para o seu depósito na nave de Velouzás.

Están incluídos os silos.