ACTIVIDADE DE RECICLAXE NAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Damos comezo ás actividades que o Concello de Paderne programa para os/as pequeniños/as das Escolas de Educación Infantil, cunha xornada de reciclaxe planificada conxuntamente coa Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) para este vindeiro día 28 de setembro.

Inculcar o respecto polo medio ambiente desde as primeiras idades, é un dos obxectivos e valores fundamentais que debemos potenciar todos; familias, escola, Concello e, en xeral, toda a sociedade e institucións, loitando xuntos para sumar esforzos nunha tarefa de vital importancia para a vida. 

Esta é unha parte fundamental das aprendizaxes básicas que se deben adquirir desde as primeiras idades e, desde o Concello, o que se pretende é axudar ás familias a reforzar este hábito xa que, a loita polo medio ambiente é fundamental para contribuír, cada un na medida das súas posibilidades, á mellora do noso entorno.

O Alcalde, Sergio Platas, acompañará aos pequeniños/as durante a xornada axudándolles a entender a importancia destes hábitos para a boa saúde do lugar no que vivimos.