PROGRAMA DE BENESTAR A TRAVÉS DE TALASOTERAPIA
A Xunta de Galicia ven de anunciar un novo programa de Benestar, baseado na Talasoterapia. Está dirixido a persoas maiores de 60 anos e pensionistas de xubilación, invalidez e viuvez maiores de 55.
Consiste en estadías de 6 días en réxime de aloxamento e manutención en pensión completa, e acceso diario ao circuíto mariño.
Hotel Talaso Louxo, o Talaso Atlántico e o Thalasso Cantrábrico son os destinos elixidos, supoñendo un custo para o usuario de 201€.
As persoas interesadas poderán cursar a súa solicitude ata o día 31 de xullo.
Máis información nos servizos sociais comunitarios.