PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR
Posibilita que persoas con dependencia ou discapacidade realicen estadías temporais en residencias, centros de día ou contratar a unha persoa coidadora para o fogar, que facilite o descanso dos seus coidadores habituais.
Este programa financiará ata o 100 % da estadía en centro residencial ata un máximo de 1500 euros; ou ata un máximo de 1000 euros para abonar a unha empresa de axuda no fogar, que preste atención no propio domicilio, ou un centro de día.
O prazo de solicitude ata o 30 de outubro.
Máis información nos servizos sociais comunitarios e nos teléfonos do Concello.