SOLICITUDE A TRAVÉS DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL (PEL- CONCELLOS)

A través do Programa de Integración Laboral (PEL-Concellos) da Deputación da Coruña, que contempla a execución de obras e servizos mínimos municipais dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2019, o Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda de 25.000 € para a contratación de 3 peóns por un período de 6 meses.

Esta axuda permitiría cubrir os servizos mínimos municipais como limpeza de zonas públicas, mantemento do servizo municipal de auga potable e rede de sumidoiros entre outros.