PROGRAMA DE FOMENTO DA CONCILIACIÓN
Co obxecto de seguir facilitando a conciliación da vida familiar e laboral ás familias do concello con fillos menores e nas que seus pais traballen, ven de solicitarse unha axuda de 8.000 € á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en base á Resolución do 28 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ó programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
En Paderne ven de traballarse en pro da conciliación entre a vida familiar e laboral desde fai varios anos, conscientes do problema que supón para moitas familias adaptar o coidado e atención dos seus fillos en época de vacacións, co exercicio do posto de traballo.