PROBA DE ORIENTACIÓN NOCTURNA

O pasado 7 de xaneiro o Alcalde de Paderne acompañado polo Concelleiro de Obras Públicas e Urbanismo, achegouse ata a casa de turismo rural, Casa de Sixto en Velouzás, Paderne, para entregar os trofeos da sétima edición da proba denominada “VII Orientación Nocturna Casa de Sixto” na que participaron algo máis de 400 persoas.

Incluída no calendario 2017 da Federación Galega de Orientación, tivo lugar nun área cartográfica do Concello de Paderne incluíndo a competidores de tódalas idades.

Dita proba de orientación estaba organizada polo Clube Gallaecia Raid da Coruña constando de varias modalidades; unha carreira de longa distancia de 11 km, outra de 5,5 km para os menos expertos e por último unha de 1,7 km para a modalidade infantil.

Participaron os mellores orientadores de Galicia obtendo premio, na categoría masculina, Ángel García 1º, Carlos Amil 2º e Ricardo Figueroa 3º.

Na categoría feminina as premiadas foron Ana Varela 1ª, Tere Barreira 2ª e Carla Veiga 3ª.

A variante media disputouse de xeito máis lúdico disfrutando do percorrido en familia e sen estar tan pendentes dos tempos.

Os participantes máis pequenos desenvolveron as súas habilidades no entorno da propia Casa de Sixto, no lugar de Sas; todos eles pasaron unha xornada moi agradable que novamente resultou un gran éxito.

© 2013 Concello de Paderne