PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS

O Concello de Paderne, participou con un stand este pasado 19 de xuño en Ferrol durante a cuarta celebración da “Primavera no Camiño Inglés”, xunto cos outros concellos polos que pasa esta ruta á Santiago de Compostela. 
O Alcalde de Paderne, César Longo, acompañou ás autoridades presentes no acto de inauguración e, posteriormente, foi recorrendo os stands dos distintos concellos; neles, cada un dos alcaldes explicaba os atractivos e posibilidades que se ofrecían ó visitante.
No stand de Paderne, César Longo foi comentando as empresas representadas. Empresas de agricultura ecolóxica como Seitura ou Orballo, casas de turismo rural como A Cobacha e Casa Sixto, empresas de ocio como MarMar e Corax, ademais de información sobre Queixos Cagiao, constituíron unha boa mostra do que o peregrino e visitante pode atopar en Paderne.
Tamén, desde as 11:00 da mañá e ata as 20:00 h, foron desenvolvéndose actividades diversas como un atractivo a maiores no que se intentaba dar  a coñecer as diversas posibilidades que ofrece a Ruta. Obradoiros de barro e pan para nenos, sesións de maxia, showcookings nas que se degustaban preparacións do Camiño, música tradicional e exposicións, foron desenvolvéndose ó longo da xornada no espazo da Praza de Armas de Ferrol.