Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Persoas beneficiarias

• Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ámbolos dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

• Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, datada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.

• Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

Requisitos

• Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. 

• Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Contía da axuda

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

• Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

• Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

• Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Prazo de presentación: Ata o 9 de marzo de 2020.

Máis información nos servizos sociais comunitarios