DESFILE E PRESENTACIÓN DO ENTROIDO SAMEDE NA FEIRA DE BIOCULTURA
Dentro da Feira de BioCultura, que se celebrou na Coruña os días 3, 4 e 5 de marzo, o Entroido Samede tivo tamén un momento especial ás 12:00 h do domingo coa presentación como o único Entroido tradicional da Reserva; nela, o Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, dedicou unas palabras á labor e empeño que puxeron porque este magnífico traballo de recuperación saíse adiante.
A recuperación das tradicións e a súa posta en valor cobran especial relevancia na esencia do grupo que, despois da presentación, estivo animando, tanto no propio stand da Reserva como por todo o recinto, a tódalas persoas asistentes.