PRESENTACIÓN OBRADOIRO EMPREGO” RESERVA DA BIOSFERA: EMPREGO NO RURAL”

O pasado xoves, 18 de Outubro, o Alcade de Paderne, César Longo, acudiu a Abegondo á presentación do Obradoiro de emprego ”Reserva da Biosfera: emprego no rural” no que participan os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-cesuras e Paderne. No acto, o delegado territorial da Xunta estivo acompañado polos alcaldes que participan neste Obradoiro, así como polos alumnos e persoal directivo, técnico e administrativo.

O proxecto, contempla unha formación conforme aos certificados de profesionalidade de “Fruticultura e Produción de sementes e plantas en viveiro” e complementariamente “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” para un total de 20 alumnos- traballadores. O persoal encargado deste obradoiro son un director, 3 docentes, un mestre-titor e un administrativo.

En Paderne, a través deste Obradoiro, e como continuación do desenvolto o ano pasado, procederase á plantación de cepas e cultivo na finca de viticultura “Leira Grande do Portelo” en Souto e á plantación de árbores froiteiras no lugar de “O Pedregoso” en Adragonte.