Reinicio de actividades de podoloxía e memoria no Concello
O Concello de Paderne, a través da Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, pon novamente o Servizo de podoloxía a disposición da súa veciñanza entre setembro e decembro de 2023.
O servizo será gratuíto e dirixirase a persoas maiores de 60 anos que non realicen actividade laboral e persoas con dependencia e/ou discapacidade recoñecidas que se atopen empadroadas en Paderne. A capacidade económica persoal será tamén avaliable para o acceso ao servicio
As atencións prestaranse con cita previa e as persoas interesadas en beneficiarse deberán presentar a súa solicitude no Concello a partir do 20 de agosto.
Reiníciase tamén a realización dos Obradoiros de adestramento da memoria, dirixidos ao mesmo colectivo.
Nas distintas sesións promoverase a actividade mental das persoas participantes coa finalidade de manter e mellorar o seu rendemento cognitivo, e traballaranse habilidades de memoria a través de exercicios de atención, concentración e razoamento.
Levaranse a cabo en dúas sesións semanais de 1h entre os meses de setembro a decembro de 2023 no Fogar do Maior do Concello, e en función da demanda noutro local social.
As persoas interesadas poden dirixirse aos servizos sociais comunitarios do Concello para recibir información máis precisa sobre o reinicio de ambas actividades.