VISITA ÁS OBRAS DO PLAN ÚNICO EN SOUTO

O Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado polo Alcalde de Paderne, César Longo Queijo, estivo visitando as obras que se levaron a cabo na parroquia de Souto a través do Plan Único e que suman un investimento próximo aos 232.000 €.

As obras comprenden diversas pavimentacións nos camiños desde o núcleo rural, así como melloras na rede de saneamento e alumeado, que permitiron mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas da zona e de todo o termo municipal.