PLAN DE MEDIO AMBIENTE

Co obxecto de realizar actividades e investimentos que contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental, o Concello de Paderne ven de recibir, da Deputación da Coruña, un total de 43.984,62 € dentro do novo Plan de Medio Ambiente.

Contémplase as seguintes actuacións:

  • Mantemento e reparación das depuradoras de Donín, na parroquia de Vigo, da depuradora de Obre e da depuradora de Paderne por un importe de 32.000€
  • Contratación da cuadrilla de peóns para medio ambiente por un importe de 11.984,62€    

Con elo, ademáis de contribuír á conservación das instalacións e ó correcto mantemento de espazos verdes, estase a contribuír á creación de postos de traballo, un dos obxectivos sempre presentes nas actuacións municipais.

© 2013 Concello de Paderne