PISCINA MUNICIPAL

O vindeiro día 1 de xullo e ata o 31 de agosto estará en funcionamento a tempada de verán na Piscina Municipal de Paderne co horario de 12:00 a 20:00 horas.

As persoas que desexen facer uso destas instalacións teñen a posibilidade de:

  • Realizar un abono familiar (só para empadroados no Concello de Paderne). Utilizando esta opción poden usar as instalación tódalas persoas que figuren na mesma vivenda no padrón municipal durante toda a tempada.
  • Realizar un abono individual. Dá dereito ó uso das instalacións durante toda a tempada para o titular do abono.
  • Aboar entrada diaria (entrada infantil – entrada adultos)

Os titulares de abono teñen dereito a asistir ós cursos de natación.