PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL (PEL CONCELLOS)

A través do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, PEL Concellos, anualidade 2020 liña 1.1. contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos en concellos, o Concello de Paderne ven de recibir unha subvención por importe de 24.954,36 € para a contratación de tres traballadores.

Esta contratación está destinada a cubrir os traballos de limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable e rede de sumidoiros, axudando así a que os veciños poidan dispor duns servizos axeitados e en boas condicións.