PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL – PEL CONCELLOS

O Concello de Paderne ven de recibir una axuda de 24.954,36 € por medio do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, PEL Concellos anualidade 2020, Liña 1.1 contratación de persoas desempregadas para prestación de servizos nos concellos.

Esta axuda, pendente de contratación, está destinada a contratación de traballadores para os servizos de limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable e rede de sumidoiros; traballos imprescindibles para manter en bo uso os servizos que se están a dar ós habitantes do Concello.