Parroquias

VIÑAS

SOUTO

VELOUZÁS

OBRE

PADERNE

ADRAGONTE

QUINTAS

VILAMOUREL

VIGO

RÍO LAMBRE

É un río da vertente setentrional de Galicia. Drena parte dos Concellos de Monfero, Vilarmaior, Paderne e Miño.Nace en Santa Xuliana (Monfero), a 520m de altitude polo medio dos arroios Orballeira, Rioseco, Cal do Seixo e Veiga desembocando en ponche do Porco.

O río Lambre a pesar do seu humilde caudal e reducido percorrido (15 km), ofrece preciosos recunchos para aproveitar a natureza e lanzar a cana.

trucha

Entre as especies piscícolas hai que destacar á troita, a anguía ou o mújel.Atópase cuberta por masas nas que se alternan o eucalipto e o piñeiro, predominando o primeiro,xunto ás especies propias destas condicións climáticas podemos atopar outras de ambientes fluviais como os olmos, abetos, alisos ou bidueiros.

RÍO MANDEO

O río Mandeo nace nun lugar coñecido como Marco dás Pías (Sobrado dos Monxes). Percorre un 56 Km, sendo o maior da vertente atlántica da provincia da Coruña despois do Eume, até desembocar no Golfo Ártabro formando, xunto co río Mendo, a ría de Betanzos.

Caracterízase polos seus fragas de ribeira ben conservadas e por albergar poboacións importantes de salmón no curso baixo do río; xa en contacto coa auga de mar, fan a súa aparición as marismas formadas principalmente por juncales.

salmon

O salmón atlántico, especie cada vez máis escasa nas augas galegas, aínda remonta a ría de Betanzos buscando as zonas de desova no Mandeo onde coincide con troitas e reos.

© 2013 Concello de Paderne