VISITA DE PAPÁ NOEL ÓS PEQUENIÑOS DAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE PADERNE

A pesares da complicada situación que estamos a vivir e das importantes medidas de seguridade para desenvolver calquera actividade, o pasado 22 de decembro, os pequeniños das Escolas de Educación Infantil de Paderne contaron coa visita de Papá Noel que estivo acompañado pola Concelleira de Cultura, Lucía Cal.

Coa mesma ilusión de tódolos anos, os pequeniños entregaron as súas cartas a Papá Noel e foron conversando con el de un en un contestando a todo aquelo que lles preguntaba.

Debido as normas de seguridade, a visita realizouse ó aire libre en cada unha das escolas, sendo o patio o lugar no que se desenvolveu a mesma.