PADERNE CONCILIA
O Concello de Paderne resultou beneficiario dunha subvención para o programa PADERNE CONCILIA ao abeiro da Resolución do 22 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
Dentro do programa se desenvolveron as seguintes actividades:
- Conciliación madrugadores
- Conciliación educativa
- Conciliación ocio
- Conciliación Nadal
- Conciliación verán