PADERNE, UN CONCELLO QUE QUERE SER MOTOR DAS POLÍTICAS MUNICIPAIS A FAVOR DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Paderne, comprometido co cambio climático, ven de aprobar en Pleno o “Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable. PACES Paderne”, asinado ó abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible.

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable.

Con este Plan, Paderne ven a definir unhas liñas de actuación claras nas que se adoptan estratexias locais fronte ó cambio climático.