Outono Termal

Trátase dun programa para a reactivación do turismo termal en Galicia posto en marcha pola Xunta e a asociación Balnearios de Galicia.

Datas

Desenvolverase desde o 1 de outubro ata o 28 de novembro

Prazas e servizos ofertados

O programa de outono oferta  de 709 prazas en 12 balnearios das catro provincias – 59 prazas por balneario-, para gozar de estadías de 10 días/9 noites en establecementos hoteleiros con tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica


Persoas destinatarias

Dirixido a pensionistas galegos ou residentes en Galicia.

Balnearios partipantes

Os balnearios que participan na iniciativa por provincia son os seguintes:

  • A Coruña: o balneario de Carballo e Balneario de Compostela.
  • Lugo: Balneario de Lugo–Termas Romanas e Iberik Augas Santas Balneario & Golf.
  • Ourense: os de Arnoia, Laias e Gran Balneario do Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo).
  • Pontevedra: os balnearios Acuña (Caldas de Reis), Dávila, Caldelas de Tui, Mondariz e Termas de Cuntis.

Solicitudes

Venda directa por cada balneario (consultar dispoñiblidade chamando ao balneario elixido)

Prezos:
470 €/persoa para hoteis de 3* e superior
440 €/persoa para hoteis de 2*
355 €/persoa para hoteis de 1*