Ocio

turismo

Zoolóxico Corax

Centro educativo de fauna salvaxe que desenvolve actividades orientadas a público e colectivos de tódalas idades con unha filosofía de respecto e amor á natureza. Contan con máis de 40 especies, tanto autónomas como foráneas nun entorno natural privilexiado.

Tel.: 650 846 904

Correo: corax@corax.es

Finca As Travesas s/n, Vigo

Corax

Club de Golf Paderne

Campo de Pitch & Putt de 18 ocos situado nunha zona de Paderne na que a natureza e a tranquilidade contribúen a facer desta experiencia algo inesquecible.

Ademais de desenvolver importantes competicións, conta con escola infantil, escola de adultos e amplas e cómodas instalación nas que pasar comodamente o día toda a familia.

Tel.: 627 104 988 – 881 084 091

info@golfpaderne.com

www.golfpaderne.com

Chedas - Velouzas


Club Hípico Finca Regueiral

Centro hípico situado na parroquia de Velouzás. Nel impártense actividades para tódolos públicos e niveis, pódense realizar roteiros e excursións adaptadas ás necesidades e gustos do cliente e participar en campamentos de verán para nenos.

Outras das actividades do Club son as exhibicións ecuestres e o entrenamento cara á participación en campionatos en distintos puntos da nosa xeografía.

Tel.: 981 797349

fincaregueiral@hotmail.com

www.fincaregueiral.webgarden.es

O Tercio 18 - Velouzas


Pesca de salmón, reo e troita

 

O Coto de Chelo, no río Mandeo, é moi coñecido polo salmón e por ser dos mellores en número de reos guiados.

O Coto comeza, no seu límite inferior, na desembocadura do regato Mainzoso (Coirós e Paderne) e o seu límite superior está no lugar do Inferniño (Aranga e Irixoa). A súa lonxitude é de 11 km. Pódense pescar salmóns, reos e troitas.

A medida mínima da troita é de 21 cm con un cupo de 10 exemplares, dos cales, como máximo, 5 poden ser reos.

No lugar de Chelo atópase a caseta dos gardarríos na que se guían os reos e salmóns.

Lugar moi cómodo porque dispón de grelas para facer churrasco, mesas e barras para comer así como zonas moi agradables para a práctica de sendeirismo. (foto Sendeirismo do Mandeo)

É un río con grandes pozos e correntes que se adapta a todo tipo de pesca, desde pesca a lanzado, con artificiais, cola de rata, con seca ou ninfa, buldo o mosca afogada. Podemos practicar calquera modalidade.

O río Lambre ten un coto establecido para a pesca do reo e a troita de 6,3 km. (foto Desembocadura do río Lambre en Ponte do Porco)