OBRAS NAS PARROQUIAS DE QUINTAS E VILAMOUREL

O Concello de Paderne está a executar obras nas parroquias de Quintas e Vilamourel:
A través do Plan Marco 2021-2022, está a realizarse o proxecto de “Mellora de camiños municipais na parroquia de Vilamourel” que consiste na pavimentación con aglomerado por un importe total de 51.405,64 €
A través do POS+2020, estase a executar o proxecto de “Pavimentación de viais nas parroquias de Quintas e Vilamourel”, por un importe total de 30.236,85 €

  • Aglomerado do núcleo de Loibo, na parroquia de Quintas
  • Aglomerado do lugar de Calzada, na parroquia de Vilamourel 

Con elas, quérese seguir coidando os distintos núcleos e facilitar a vida dos veciños de tódalas aldeas e parroquias de Paderne.