OBRAS NA PARROQUIA DE VIÑAS

Xa comezaron os traballos previos de limpeza, para o posterior asfaltado das vías que atravesan varios puntos da parroquia de Viñas

A limpeza das herbas e malezas das cunetas está a deixar as estradas listas para a súa pavimentación dando un aspecto renovado ós distintos núcleos.

Os puntos que se van a ver beneficiados por estas obras son os seguintes:

  • Núcleo urbano de Lambre
  • Estrada de Lambre ás Mámoas
  • Camiño da Fonte de Insua
  • Estrada de Tixoso á Ponte do Pedrido
  • Estrada de Insua ó Hurmeiro
  • Núcleo urbano da Aldea de Arriba, en Insua

Importante inversión da que se van a ver beneficiados tódolos veciños dando un novo aspecto a toda a aldea.